Si queres manter un xardín en perfecto estado, a poda dos setos é unha das tarefas básicas para poder logralo.

A poda dos setos é unha tarefa que debe realizarse con certa frecuencia, xa que hai meses nos que crecen sen control e precisamos eliminar as follas secas así como darlle forma. Debemos saber que a poda dos setos favorece o seu crecemento.

¿Cal é a mellor época para a poda dos setos?

Os setos poden recortarse en diferentes épocas do ano. O ideal sería realizalo ao longo de todo o ano, pero como resulta máis laborioso optamos por realizalo só dúas veces. É interesante saber que si podemos realizalo durante o ano vale a pena, posto que o seto mantense moito máis regular, evitando que se vaia ensanchando pouco a pouco e envelleza antes de tempo.

Os principais períodos de tempo son:

  • Primeiro recorte a finais de febreiro – principios de marzo.
  • Segundo recorte mediados de maio.
  • Terceiro, no mes de xullo, podendo retrasarse ata finais de agosto si vemos que o calor impide un crecemento favorable.
  • O cuarto sería a finais de outubro.

Segundo cal sexa o tipo de seto, tamén influirá na poda. Primeiro debemos saber se o noso seto é formal ou informal.

  • Se o noso seto é formal; manteñen unha forma xeométrica polo que temos que realizar podas constantes para manter esa mesma forma. Podes axudarte de cordas ou alambres para que a forma quede exactamente como a desexada. En este caso o ideal é realizar unha poda por abril-maio e unha segunda en setembro.
  • Se o noso seto é informal, podemos deixar que medre máis o seu aire e incluso pode chegar a ter flores. Con unha ou dúas podas ao ano e máis que suficiente.

Corta o teu seto de forma correcta

A forma na que se corten os setos é unha parte esencial no coidado dos mesmos. Na poda vese implicada a idade do seto, o tipo de seto e o estado do seto. As medidas practicadas sobre todo nos primeiros anos son importantes para estimular o crecemento e a frondosidade do seto. Ter en conta, que os setos máis vellos cos cortes adecuados tamén poderían rexuvenecerse.

O deseño dos setos é todo un arte, pero en función das características citadas anteriormente, existen diferentes técnicas de corte:

Poda de mantemento

Coa poda de mantemento conseguirás dar forma o teu seto e ademáis que este se manteña frondoso durante moito máis tempo. Na poda de mantemento, recórtanse en liña recta os novos brotes (10-15cm), o que nos permite a longo plazo definir a altura do noso seto.

Mentres o noso seto sexa xoven é convinte realizar menos podas e non quitarlle follas da cabeza para que poida seguir crecendo.

O mellor momento para a poda de mantemento é cando os novos brotes están maduros. Os setos de folla caduca requiren polo xeral, dúas podas de mantemento ao ano, e no caso de un crecemento vigoroso, incluso tres podas. No caso dos setos de folla perenne precisan unha poda de mantemento ao ano. Unha única poda de mantemento podería realizarse en agosto, finais do verán. E para unha segunda poda en outono.

No caso da poda de mantemento córtanse ramas relativamente xóvenes e delgadas, polo que poderíamos realizar a tarefa de poda mediante tixeiras cortasetos.

Poda de renovación

A poda de renovación debe realizarse como moito unha vez ao ano durante o inverno. Canto máis profundo sexa o corte, máis grosas serán as ramas que medren.

A poda de renovación pode ser lixeira ou intensa. Cando o noso seto é vello, xa non ten moitas follas e vemos que non está crecendo, temos que renovalo, polo tanto realizar unha poda de renovación. Para isto debemos quitar tódalas ramas, ata chegar ao tronco. Esto axudará a que o seto brote con máis forza. Non todos os setos responderan da mesma forma.

Unha vez podemos o noso seto, é convinte abonar un pouco para que as follas sexan máis fortes e evitar tamén algunha posible plaga.

É importante que se a nosa idea é ter setos con diferentes formas debemos comunicalo no momento da compra, posto que hai especies que son mellores para esta función. Aínda que cabe recordar que requiren dun maior control e mantemento ao longo de todo o ano.

¡Xa non tes excusa para lucir uns setos perfectos este verán!

Recorda que na nosa web podes consultar os cortasetos e tixeiras de poda que temos dispoñibles: www.rinxela.com