Chegou o frío e xa é preciso utilizar  a calefacción. Unha revisión e mantemento, non só da caldeira, se non tamén do resto do sistema, é a clave para mellorar o rendemento da túa calefacción, reducir o consumo de enerxía e por tanto as facturas.

Despois dos meses de primaveira e verán, nos que o noso sistema de calefacción está parado, favorece a formación de bolsas de aire no interior do sistema, o que disminúe considerablemente o seu rendemento. Por iso é importante purgar os radiadores antes do comezo da época de calefacción, a principios do outono. Pero si todavía non o realizaches, aínda estás a tempo. Toma nota!

¿Por que é importante purgar os radiadores?

Purgar un radiador consiste principalmente en eliminar o aire sobrante do circuito dos radiadores, mellorando así o rendemento enerxético da instalación da calefacción. Ás veces poden escoitarse ruidos, provocados polas burbullas de aire acumuladas no sistema, sendo síntoma de que é preciso purgar os radiadores antes de iniciar a tempada.

Cando un radiador non quence de maneira correcta, o termostato non salta pero a caldeira segue funcionando porque non consegue chegar á temperatura programada. Isto provoca que a caldeira traballe doblemente polo que gastamos máis enerxía, posto que o sistema non funciona de forma eficiente. É importante que verifiques que o sistema de calefacción funciona correctamente. Un sistema de calefacción eficiente evitará mal gatos de enerxía, aforrando en consumo.

Como dixemos anteriormente, os meses óptimos para purgar os radiadores son finais de setembro – outubro, antes de que comece a tempada forte de calefacción. Si esperamos a que precisemos a calefacción, esta funcionará a medio gas, consumindo así máis enerxía.

¿Cómo purgar os radiadores?

É importante recordar que para purgar os radiadores debe realizarse sempre co sistema de calefacción apagado. O radiador debe estar frío para que a bomba da caldeira non mova a auga e tampouco o aire acumulado no interior do mesmo. Unha vez cumplas con esto, a calefacción apagada e o sistema frío, segue estos pasos:

  1. Cerra a chave de paso de auga do radiador que vaias a purgar. O mellor é comezar polo que estea ubicado máis preto da caldeira.
  2. Coloca un pequeno recipiente na parte inferior da vávula do purgador para recoller a auga que saia a través da mesma.
  3. Coa axuda dunda chave inglesa ou un destornillador, xira a vávula do purgador que se atopa na parte superior. Comezará a sair aire co algo de auga.
  4. Mantén a vávula aberta ata que comece a saír auga de forma continua, sen saltos.
  5. Cerra a chave cando o chorro sexa fluido. Cando o chorro sexa fluido é unha señal de que xa saiu todo o aire que estaba no interior do mesmo e podemos cerrar a chave xirando no sentido contrario.
  6. Repite a mesma operación en tódolos radiadores. Recorda seguir, radiador a radiador, o sentido do fluxo da auga, do máis cercano a caldeira ao máis lonxe.
  7. Revisa a presión da caldeira (1 – 1,5 bares). Sempre tras terminar o purgado dos radiadores debes revisar a presión da caldeira, xa que o nivel desta soe baixar tras o purgado. Debemos asegurar que a presión este entre estos dous niveis.

O equilibrado do sistema de calefacción

Si unha vez finalizado o purgado dos radiadores aínda tes radiadores que non quencen correctamente, pode ser que o sistema non estea equilibrado. 

Nos nosos radiadores tes que ter outra chave, de saida de auga do circuito, que se identifica por levar unha tapa de metal ou de plástico, que esconde un tornillo Allen, para poder abrir ou pechar o paso de auga. A función desta chave é a de compensar o reparto do caudal de auga entre os radiadores que compoñen o noso sistema de calefacción.

Se despois de realizar o purgado dos radiadores segues a ter algún frío, comproba que esta chave non estea pechada, e ábreo segundo a temperatura que desexes conseguir en cada un dos radiadores. Podes xogar segundo as necesidades, cerrando un pouco nas zonas que precisen menos calor para desviar así o caudal para aquelas que requiran de maior temperatura.

Esperamos que che haxa sido de axuda este artigo. Na nosa web podes atopar todos os productos necesarios para este inverno: www.axudamoste.com ¡Adiántate ao frío!