Mercar calzado de seguridade é unha tarefa que de seguro che tocou algunha vez. A volta ao traballo, ou o comezo dun novo curso laboral seguramente te teña na procura de máis dunha prenda de roupa de protección laboral.

Cando vamos a mercar calzado de seguridade, sexan botas, zapatillas de seguridade ou calquera outro tipo, é moi importante dar co calzado adecuado; o calzado que se adapte totalmente aos nosos pés. Aínda que nos pareza unha tarefa sinxela, debemos ter en conta que os pés son unha das partes do noso corpo máis delicadas e das que máis sufren. Son os que soportan o peso diariamente e por iso merecen que lle prestes boa atención.

Escoller a talla correcta no calzado de seguridade é moi importante. De non ser a túa talla poderá provocar molestias, incomodidade e problemas como xuanetes, callos, durezas, sensación de hinchazón e ata dolores lumbares.

¿Qué debo ter en conta á hora de mercar calzado de seguridade?

Cando mercamos calzado de seguridade, buscamos protección ante posibles riscos laborais. As suelas con reforzos, as proteccións con punteira de reforzo metálico e as suelas con protección contra riscos químicos, son das características máis buscadas.

  • Punteiras resistentes aos impactos, e no caso de ser específicos para traballo en obra deben de estar reforzados. Estos reforzos deben ser resistentes pero a súa vez lixeiros para que faciliten o movemento e a comodidade de quen o utiliza. Escolle un calzado que distribúa o peso de maneira uniforme.
  • Cordóns resistentes; é outro detalle importante para unha firme suxeción do pé.
  • Impermeabilidade do calzado, ante auga, disolventes e outro tipo de produtos químicos.
  • Suela antiadherente; para evitar resbalóns e polo tanto, evitar accidentes.
  • Transpiración; é importante que o calzado sexa transpirable no interior, para o confort do pé.
  • O uso de plantillas antiperforación; protexerá os teus pés de cortes. Aposta por materiais resistentes; coiro ou sintéticos na parte exterior, e suelas de goma ou caucho.

Consellos á hora de mercar calzado de seguridade

O mellor calzado de seguridade é aquel que se adapta á perfección aos teus pés.

  • O mellor momento para probar a talla do calzado de seguridade é pola tarde, xa que os pés están máis hinchados e cansados. Darás coa talla perfecta xa que pola contra se o pé está moi relaxado posiblemente esa talla despois che sexa molesta durante o día.
  • Cando probes o calzado, aségurate que che sobra un dedo entre o talón e o zapato.
  • É recomendable que probes o calzado co mesmo tipo de calcetíns ou medias que utilices diariamente, para despois evitar molestias.
  • Proba varias tallas e varios modelos de calzado, non te quedes sempre co primeiro que probes. Camiña con eles postos para que os pés se adapten ben en movemento.
  • Antes as dúbidas leva sempre unha talla de máis que de menos.

Especificacións do calzado de seguridade

O calzado de seguridade, homologado polo Ministerio de Traballo de España, aseguran como mínimo as seguintes prestacións.

Calzado de seguridade, clase I

• Caída de obxetos con enerxía máxima de impacto de 20 Kgm (196 J).
• Resistencia ao aplastamento da punteira: 1500 Kgf (14.7 kN) de carga estática.
• Resistencia ao plegado.
• Resistencia á corrosión, no caso de que a punteira de seguridade fose metálica.

Calzado de seguridade, clase II
• Resistencia á perforación da plantilla de seguridade: 110 Kgf (1078 N) a unha velocidade máxima de aplicación do punzón de 12.5 mm/min.
• Resistencia ao plegado.
• Resistencia á corrosión, no caso de que a plantilla de seguridade fose metálica.

Calzado de seguridad, clase III
• Caída de obxetos con enerxía máxima de impacto de 2.0 Kgm (196 J).
• Resistencia ao aplastamento da punteira: 1500 Kgf (14.7 kN) de carga estática.
• Resistencia ao plegado.
• Resistencia á perforación da plantilla de seguridade: 110 Kgf (1078 N) a unha velocidade máxima de aplicación do punzón de 12.5 mm/min.
• Resistencia á corrosión no caso que a punteira e/ou a plantilla fosen metálicas.

Coñece o significado dos símbolos do calzado de seguridade