Todavía non coñeces as funcións dun robot limpafondos? Se eres propietari@ dunha piscina seguro sabes perfectamente o esforzo que conleva manter a piscina limpa de forma manual, e máis canto maior tamaño teña esta. Tratase dun traballo pesado, que nos rouba moito tempo de ocio, descanso e do tempo de disfrute da propia piscina.

Nada limpará mellor a túa piscina que un robot limpafondos! A vantaxe que teñen os robots é que son incansables, non lles afecta a climatoloxía á hora de traballar e son igual de eficientes cunha man humana.

¿Sabrías escoller o robot limpafondos adecuado para a túa piscina?

A diferencia entre un modelo de robot limpafondos e outro pode resultar moi importante, polo que debes coñecer ben as características do robot e ter claras as tarefas que pretendes que o teu robot realice. Para saber que tipo de robot será o adecuado para a túa piscina, debes ter en conta os seguintes factores:

  • En primeiro lugar, é preciso ter en consideración as dimensións da piscina, superficie que terá que alcanzar o robot limpafondos.
  • Por outro lado, debes ter en conta a forma, profundidade e o tipo de revestimento do fondo e paredes da piscina.
  • Outra variable importante, é a presenza de escalóns ou esqueiras sumerxidas.

Factores en canto as especificacións do robot limpafondos

Relacionados cos factores anteriores, en canto as características da piscina, as seguintes especificacións do robot limpafondos condicionarán moito obter un bo resultado na limpeza da túa piscina.

  • Lonxitude da piscina; O fabricante soe indicar a superficie de piscina para a cal está preparado o robot limpafondos. Esto é importante telo en conta posto que si o tamaño da piscina é superior ao especificado, pode que ocurra que o sistema de navegación non realice as rutas correctas deixando zonas sen limpar.
  • Lonxitude do cable; Debemos medir a distancia dende a toma de corrente donde se conectará o robot ata o putno máis alexado que deberá limpar, tendo en conta que a lonxitude do cable debe ser maior que dita distancia para evitar problemas. Importante comprobar esta medición antes de mercar o robot limpafondos.
  • Altura da piscina; Os robots limpafondos con capacidade para limpar paredes, están diseñados para alturas de piscinas estándar (arredor de 1.5m), en alturas inferiores o robot limpafondos non será efectivo na limpeza da parede.
  • Pendentes ou escalóns; En función da pendente que poida existir na piscina ou en función da cantidade de escalóns que poida haber, deberemos escoller un robot limpafondos de gama maior ou menor. Como é lóxico, os robots de gama alta teñen maior potencia e doble motor de tracción sun mellor agarre superando mellor as pendentes e escalóns.
  • Detección de obstáculos; Factor importante para unha limpeza autónoma da piscina. Se o noso robot limpafondos pode evitar obstáculos, eso evitará atascos e problemas durante a limpeza.
  • Outro factor importante a ter en conta antes de mercar o robot limpafondos é as partes da piscina que este é capaz de limpar; Podemos atopar un robot que soamente limpe a superficie da piscina ou escoller un robot capaz de trepar polas paredes deixando estas perfectamente limpas de toda suciedade. E segundo as túas necesidades existen robots coa capacidade de limpar a línea de flotación da piscina; sendo un dos puntos con máis tendencia á formación de depósitos.

Un robot limpafondos non será capaz de encargarse el so do mantemento total da piscina, pero sempre que os demáis parámetros estean correctos (sistema de filtrado, niveis da auga, etc) axudará a disminuir o uso de químicos, ademáis de conseguir unha limpeza impecable.

A continuación vamos a coñecer as características do ROBOT KAYAK FUTURE de Gre; sendo un modelo de robot limpafondos que o limpa todo: o solo, as paredes e a línea de auga da túa piscina. En Ferretería Rinxela dispoñemos de varios modelos de robot limpafondos, non dudes en consultarnos calquera dúbida.

  • O robot limpafondos Kayak Future de Gre, presume de ser un todoterreo, con capacidade para ascender polas paredes de piscinas de vinilo, cemento ou mosaico.
  • Dotado co sistema Aqua Smart, un software que calcula o recorrido que debe facer o robot para conseguir unha limpeza da piscina eficiente i económica.
  • Indicador LED no filtro de acceso superior que nos avisará no momento que precise ser extraído para a súa limpeza.
  • Sistema de navegación “GYRO” que rentabiliza o ciclo de lavado evitando posibles enredos no cable.

Agora so queda escoller o robot limpafondos máis adecuado para ti e a túa piscina, e ¡A disfrutar dese tempo que xa non che quitará a limpeza da piscina!