Actualmente é máis común e cada vez maior a busca do aforro monetario e os combustibles bioenerxéticos. Debido a isto cada vez son máis utilizadas as estufas que funcionan con combustibles bioenerxéticos como son a leña e os pellets.

Estas proporcionan diversas vantaxes respecto aos sistemas de calefacción convencionais. As dúas máis importantes son que son moito máis respetuosas co medio ambiente e que nos permiten lograr un aforro económico.

¿Qué estufa me convén máis?¿Estufa de leña ou estufa de pellet? Esta é unha dúbida moi común, polo que a continuación vamos a coñecer as diferenzas máis notables entre os dous tipos de estufa.

¿Estufa de leña ou estufa de pellet?

Á hora de escoller entre unha estufa de pellet ou unha estufa de leña, ¿en que debes fixarte? Os seguintes aspectos son básicos para poder decidir:

  • A potencia que emite. Calcúlase en base á superficie e a altura do ambiente, zona climática, tipo de illamento e orientación.
  • O rendemento. Nas estufas de leña é do orden do 70-80% e para estufas de pellet, entre o 80-90%. Este dato mide a calor que é aproveitada ao queimar o combustible. En comparación, nunha estufa de leña aprovéitase o 70% da leña que se queima en calor emitido, frente a unha chimenea aberta, que so aproveita o 15%.
  • Duración da carga. Segundo este funcionando a baixa ou alta temperatura a carga varía. As estufas de leña deben cargarse con maior frecuencia. As estufas de pellet dispoñen dun depósito integrado para abastecer de forma automática á estufa de combustible durante horas.
  • Doble combustión. As estufas de leña que incorporan este sistema, teñen un rendemento máis alto e son máis limpas, xa que os fumes da primeira combustión se fan pasar por unha segunda cámara, queimándose novamente gracias á entrada de aire. É decir, máis calor coa mesma cantidade de leña e xerando menos residuos.
  • Mantemento e limpeza. As estufas de pellet xeran moita menos cinza e hollín que as estufas de leña; debido a isto o seu mantemento e limpeza sempre será menor.

Estufa de pellet ou estufa de leña, ¿cal é máis ecolóxico?

O pellet é o combustible máis ecolóxico que existe hoxe en día no mercado. Seguindo a mesma línea comparativa, o pellet tendría unha valoración de 5, mentres que a leña quedaría nun 4, ao igual que a electricidade. Frente a un 2 do gas e a parafina.

¿Que tipo de estufa ten máis eficiencia enerxética?

Novamente, os pellets son o combustible con maior eficiencia enerxética no mercado. Quedando en segunda posición a leña e seguidamente o gas, a electricidade e a parafina, respectivamente.

Sen embargo, non sempre as estufas de pellet son a opción máis axeitada. Aínda que pareza que as estufas de leña poidan sair perdendo frente ao pellet, este tipo de estufas resultan moito máis interesantes en algúns entornos rurais, nos que o espazo para almacenar non resulta un problema e a leña pode chegar a ser moito máis económica que o pellet.

Capacidade das estufas de leña frente as estufas de pellet

As estufas de pellet permiten quentar espazos de ata 150metros cuadrados. Son unha moi boa opción para espazos como tendas, restaurantes e casas con saída de fume.

As estufas de leña permiten quentar superficies de ata 120metros cuadrados aproximadamente. Ese falso mito de que so quentan a habitación na que se atopan xa non sucede coas novas estufas.

Ainda que realicemos unha gran separación por combustible, dentro de cada un deles existen diferentes sistemas de calefacción. Dentro dos pellets temos estufas por aire, estufas canalizables ou as termoestufas. En canto á leña podemos atopar estufas de chapa, estufas refractarias e estufas de ferro. Segundo o diseño da vivenda e as súas características será máis recomendable un que outro. É moi importante escoller o sistema axeitado ao principio, xa que nos permitirá a larga aforrar sustos e diñeiro.

Considerando todos estos aspectos ¿con que estufa te quedas?