O mantemento das piscinas durante o verán é unha tarefa que pode resultar sinxela se contamos cunha guía ou coa información correcta para poder realizalo ben. Pola contra, cando a información está incompleta é cando xorden problemas no mantemento das piscinas, resultándo esta unha tarefa complicada.

Chegou o bo tempo, e con él as ganas de resfrescarnos e darnos un chapuzón, as piscinas son a mellor alternativa para aqueles que non teñen a praia preto ou sen máis que prefiren a tranquilidade de estar na súa casa ao fresco, sen ter que desprazarse.

Que a auga da piscina estea limpa é o principal para poder disfrutar dela durante todo o verán. É necesario comprender certos aspectos do coidado da auga para que ter unha auga limpa resulte unha tarefa moi sinxela.

Guía para o mantemento das piscinas

Nesta guía completa atoparás as tarefas necesarias que debes realizar para disfrutar da túa piscina limpa durante todo o verán.

1.POSTA A PUNTO DA PISCINA

Realizar unha correcta posta a punto permitirá evitar futuros problemas que poidan xurdir, polo que cando comeza a temporada debemos prestar especial atención as tarefas de posta a punto.

  • Comprobar o estado do equipamento da piscina: filtro, bomba, skimmer, etc.
  • Realizar unha limpeza en profundidade das paredes e do solo da piscina, para evitar o crecemento de algas e así eliminar a cal incustrada.
  • Analizar o nivel de pH, un correcto pH debería estar situado arredor de 7,4.
  • Engadir as dosis precisas dos produtos para o mantemento das piscinas.
  • Establecer ou programar o tempo de filtrado diario, para un adecuado mantemento da auga durante todo o verán.

2.MANTEMENTO XERAL DAS PISCINAS

O mantemento dunha piscina pode supoñer unha tarefa tediosa se non controlamos os aspectos clave para que a piscina se manteña limpa. Estos aspectos clave supoñen unha serie de tarefas de mantemento diarias e semanais. 

Unha vez que realizamos a posta a punto, agora toca manter limpa a piscina para todo o verán. ¿Como facelo? Pois agora mesmo cho contamos.

Tarefas diarias para o mantemento das piscinas

  • Limpar a superficie da auga diariamente, follas, mosquitos ou calquera tipo de suciedade.
  • Analizar e axustar os niveis de cloro. 
  • Comprobar os niveis de pH. Un pH correcto está arredor de 7,4. Ter en conta que o pH pode variar debido a engadir auga nova na piscina, cambios nas condicións climáticas, etc.

Tarefas semanais para o mantemento das piscinas

  • Limpar o fondo e as paredes da piscina, podes facer uso dun limpafondos para facilitar a tarefa.
  • Limpar o filtro, en concreto os skimmers.
  • Engadir antialgas, especialmente se as condicións son adversas.
  • Limpar o prefiltro da depuradora.
  • Revisar as pastillas de cloro.
  • Se a auga está turbia, utilizar floculante para reunir as impurezas da auga e retiralas co limpiafondos.
  • Comprobar o grado de saturación do filtro, no caso de ter unha presión alta realizar o lavado do mesmo.

3.MANTEMENTO PARA TER A AUGA DA PISCINA LIMPA

A clave para manter as piscinas perfectas durante todo o verán está en ter a auga da piscina limpa. Para conseguilo debemos prestar atención aos seguintes catro puntos:

  • Mantemento do filtro.

Realizar unha limpeza do filtro semanal é unha tarefa importante para axudar a manter a auga da piscina limpa, posto que o filtro é o encargado de atrapar toda a suciedade da piscina. De non facelo os microorganismos poden infectar a auga da piscina mediante o sistema de filtrado.

  • Control e axuste do pH.

O pH idóneo está arredor de 7,4. De non atoparse o pH no seu nivel correcto, pode producir deterioro de materiais, irritación na pel e os ollos, entre outros.

Para realizar o control dos niveis de pH da piscina existen diferentes accesorios de uso sinxelo como son os kits para medición, tiras para análises, medidor electrónico, etc.

  • Desinfección da auga.

A desinfección da auga é unha das tarefas principais no mantemento das piscinas, sendo recomendable realizala de forma semanal. É un aspecto que non sempre se detecta de forma visual; xa que a auga pode parecer aparentemente limpa pero non presentar as condicións óptimas para o baño. Por esta razón debemos prestar especial atención a este aspecto.

As altas temperaturas xunto co sudor e outros patóxenos que desprendemos ao bañarnos forman un forno de rápida reproducción de estos microorganismos.

  • Control das algas.

O crecemento das algas é unha das causas que máis estropea a piscina. Rápidamente se poden ver pero existen tres puntos clave para evitar o seu crecemento e por tanto evitar dores de cabeza innecesarios:

– Cepillar as paredes da piscina ao inicio da tempada e ir cepillándoas durante o resto do ano.

– Manter un correcto nivel de cloro na agua.

– Mantener o pH nos niveis óptimos.

Realizar un control máis diario/semanal da piscina evitará que os traballos de mantemento sexan costosos e laboriosos, resultando así unha tarefa más doada, á vez que constante.

RECOMENDACIÓN

O uso dun cobertor/lona para cubrir a piscina é moi recomendable para o mantemento da piscina en verán e sendo imprescindible para o inverno. Evitando a entrada de suciedade sobre a auga.

E ti, ¿tes algún outro control para manter a piscina limpa todo o verán?Compárteo con nós 🙂