Pintar non é unha tarefa complicada pero tampouco sinxela, e antes de porte a traballar debes coñecer os 5 pasos previos a pintar unha parede que de seguro che facilitaran o traballo. Se estás lendo este artigo é porque te decidiches a pintar algunha zona da túa casa, ou dun familiar ou coñecido.

Pintar as paredes é unha actividade que require tempo. Sexa por mantemento ou para renovar a casa, existen unha serie de pasos previos ou precaucións que che axudarán a lograr un acabado máis profesional tanto nas paredes exteriores como nas interiores.

Si estás listo para comezar toma nota dos seguintes pasos para non te atopar con sorpresas e que o traballo salga perfecto: ¡Mans a obra!

1.Escoller a terminación da pintura

Ás veces só pensamos na cor que queremos para a nosa parede, pero ademáis de escoller a cor, algo moi importante é a calidade da pintura e a terminación da mesma; características moi importantes a ter en conta antes de escoller un tipo de pintura.

¿Pintura mate ou con brillo? A primeira opción ocultará as imperfeccións pero é máis susceptible ao dano; a segunda, dura moito tempo e resulta máis doada de limpar, pero permite que se vexan as imperfeccións da parede. ¿Tes claro cal é a mási apropiada para ti?

escoger pintura

2.Cantidade de pintura necesaria

Unha gran duda que nos xurde sempre é ¿canta pintura precisamos para as zonas que queremos pintar? Non queremos gastar de máis, pero tampouco queremos vernos sen pintura no medio ou case no final da tarefa, e menos se nos coincide na fin de semana.

Realiza un cálculo previo e aproximado, sempre mellor tirar por arriba; dos metros que ten a superficie que vas a pintar, multiplicando ancho por alto, e ten conta as mans de pintura que vaias a precisar dar. Aproximadamente podes ter en conta o dato de que uns 5litros de pintura abarcan para uns 25 metros cuadrados.

3.Escoller a cor idónea

Non todas as cores son recomendables para todas as zonas da casa. Por exemplo:

  • Salón; tonos cálidos.
  • Baño; cor luminosa e fresca.
  • Cociña; tonos cálidos e que sexan doados de limpar.
  • Dormitorios; cores neutras, suaves, que favorezcan o descanso.

Hai cores que nos poden parecer moi atractivas para algunha estancia da nosa casa pero que a larga nos poden producir estrés, cansancio si se trata de cores moi vivas en zonas de descanso, parece algo sinxelo pero é moi importante decidir que cor escollemos segundo a finalidade da zona.

É tamén moi recomendable realizar unha proba da pintura antes de mercala. Pide que che realicen unha proba na tenda e así poderás ver como será a pintura na parede. Recorda que a iluminación é un punto clave.

4.Preparación da superficie a pintar

A limpeza e o orden son dúas cuestións moi importantes antes de poñernos a pintar. De nada nos sirve ser moi coidadosos pintando se non temos a superficie perfectamente limpa para que o resultado sexa profesional.

Polo tanto, deixa a parede limpa antes de comezar a pintar. As paredes teñen po, grasa, aceite e eso non permitirá que a pintura se adhira como debe. É moi sinxelo, axudándote cun pano seco ou un cepillo, elimina toda a suciedade da parede. Aínda que parece moi obvio, moita xente se lle pasa por alto este detalle.

 

Este é o momento de buscar filtracións, algunha mancha de humidade e de tapar buratos, de cando se colgan cadros por exemplo, o momento para deixar a parede perfecta e sen imperfeccións é antes de pintar.

Antes de pintar protexe os enchufes, interruptores da luz, marcos das portas, mobles e demáis obxetos que poidan verse afectados no caso de que se derrame pintura ou poida gotear dende as brochas e rodillos mentres se está traballando. Podes axudarte de papel de xornal, cartón, bolsas e incluso sábanas vellas. Como di o refrán: “Máis vale previr que lamentar” 😉

5.Preparación das ferramentas necesarias

Ao igual que coa superficie, debes ter todo o material previamente revisado e preparado para non ter sobresaltos no medio do traballo. No caso de ser a primeira vez que vas a pintar,se non contas con ningún material, deberías realizar unha lista con todo o necesario e acudir a unha tenda e de paso te asesoren. Se pola contra, xa realizaches este traballo algunha vez, terás seguramente material que poidas reutilizar, polo que é moi importante que revises que todo o material este limpo, sin restos de pintura antiga, nin pelos soltos no caso das brochas e pinceis.

Recorda que os produtos de calidade son vitais para que o resultado sexa exitoso.

6.¿Por onde comezo a pintar?

Aínda que che resulte extraño, debes comezar por pintar primeiro os bordes e logo continuar coas paredes, verás que o resultado é mellor e deixarás menos marcas.

Ten en conta que, dependendo da cor escollida e do tipo de superficie a pintar, pode que precises un produto previo para aplicalo sobre a parede servindo de base para a pintura final.

A dirección na que pintamos afecta directamente o resultado final da parede en cuestión. Recorda que sempre debes pintar a parede de arriba cara abaixo, para que o resultado sexa perfecto. Para dar o traballo por terminado, revisa con detalle, con luz natural e artifical a parede para comprobar que está perfectamente aplicada.

E se tes o traballo así de ben organizado, so che queda comezar!