¿QUÉ E UNHA DESBROZADORA?

Tanto si eres novo no tema como se non, antes de seguir lendo este artigo debemos ter claro que é unha desbrozadora e para que sirve.

Unha desbrozadora é unha máquina utilizada en xardinería para cortar as malas herbas ao nivel do chan e para repasar todas aquelas zonas nas que a máquina cortacéspede non pode chegar, como os bordes, as esquinas e os rincóns de difícil acceso. ¡É a túa gran aliada contra as herbas altas, matorrais e as zarzas! A desbrozadora en ningún momento sustitúe ao cortacéspede se non que complementa o seu traballo sendo estas grandes compañeiras de batalla.

A desbrozadora adaptase á superficie do terreo sobre o que se traballe, polo que é perfecta para case todo tipo de vexetación. É unha máquina de fácil funcionamento, cómoda e con pouco mantemento ten unha longa vida útil. A pesar de ser unha máquina sinxela de manexar debemos tomar medidas de seguridade sempre que se utilice.

En función de para qué vai a ser utilizada esta máquina, da lonxitude das herbas que vaias a cortar, da extensión do xardín ou terreo, etc, as desbrozadoras dispoñen de varios sistemas de corte adecuados para cada fin: coitelas ou discos, fío de nailon e un sistema combinado de discos e nailon. 

 

 

¿DESBROZADORA A GASOLINA OU ELÉCTRICA?

Esta é unha das dudas máis común que soe xurdir á hora de mercar unha desbrozadora. Sendo unha das características máis importantes na compra desta máquina, xa que afectara ao tipo de traballos que poderás realizar nun futuro e ademáis influirá no prezo final da desbrozadora.

Todas as desbrozadoras funcionan cun motor de maior ou menor potencia, que pode ser de gasolina ou eléctrico. A continuación vamos a ver as características principais de cada unha delas, así como as súas vantaxes e inconvenienntes.

Desbrozadora a gasolina

As desbrozadoras a gasolina son as preferidas para os profesionais da xardineríaEn canto á efectividade, teñen mellor parámetros que as eléctricas. Son máquinas potentes, fiables e totalmente seguras. Son utilizadas para cortar grandes superficies, chegando a calquera lugar xa que non temos limitación de cable. Estariamos a falar de maquinaria profesional ou semi profesional.

VANTAXES da desbrozadora a gasolina:

  • Maior potencia e rapidez de corte.
  • Liberdade de movemento ao ser totalmente autónomas.
  • Sistemas ergonómicos de arranque e manexo.
  • Mantemento doado.

DESVANTAXES da desbrozadora a gasolina:

  • Emiten máis ruido ca maquinaria eléctrica.
  • O prezo é máis elevado frente as desbrozadoras eléctricas, posto que se trata dunha maquinaria profesional frente a unha doméstica.
  • Emiten fumes contaminantes; aínda que o nivel de contaminación ao medio ambiente é mínimo.

 

Desbrozadora eléctrica

Este tipo de desbrozadora é ideal para aficionados da xardinería que utilizan esta maquinaria co fin de realizar pequenos traballos esporádicos. O seu funcionamento só require dunha conexión eléctrica doméstica.

VANTAXES da desbrozadora eléctrica:

  • Son máis lixeiras e de menor tamaño que as de gasolina.
  • Son máis silenciosas.
  • O seu  mantemento é moi sinxelo.
  • O seu prezo é máis reducido, posto que falamos de ferramenta doméstica.

DESVANTAXES da desbrozadora eléctrica:

  • Menor potencia de corte.
  • Extensións de traballo menores, pola limitación do cable.

 

CLAVES PARA ESCOLLER A TÚA DESBROZADORA IDEAL

As características principais nas que deberías fixarte cando vaias a mercar unha desbrozadora son as seguintes:

  • Uso da máquina; profesional, doméstico, diario, esporádico.
  • Potencia do motor.
  • As necesidades de mantemento que conlevará á máquina co seu uso e desgaste.
  • Características do terreo, altura e dureza da herba, maleza, etc.
  • Resistencia da máquina, en canto a golpes, condicións adversas.
  • A marca profesional que che garantice un bo funcionamento e unha boa garantía.
  • O soporte técnico que che ofreza o distribuidor da maquinaria, sendo estos dous últimos puntos uns dos máis importantes.

Con estos consellos esperamos servirche de axuda para que atopes unha desbrozadora que se adecue perfectamente ao teu perfil de usuario.