Coa chegada do verán, chega tamén a preocupación constante de como debe ser o rego nos meses de verán, de como vai afectar o sol e as altats temperaturas ao noso xardín, ao noso céspede e as nosas plantas. O aumento das temperaturas, obríganos a estar máis pendentes que do normal do rego, pero en ocasións obsesiona de tal maneira que incluso provoca que nos pasemos da raia.

¿Rego pouco ou pola contra, en demasía?

O principal para saber si estamos regando ben o noso xardín é que as nosas plantas se vexan ben. Debemos adaptarnos ao solo do noso xardín, pois non todos se comportan igual á hora de reter auga.

O rego do céspede en verán

O rego do céspede en verán pode volverse un auténtico problema para ti, sobretodo se non sabes como coidalo. Debes saber que o rego vai a depender de máis factores, como o tipo de céspede que teñas, o tipo de solo,a  temperatura e a humidade entre outros factores.

  • ¿Cando regar o céspede en verán?

Os mellores momentos para regar o noso céspede son o amanecer, nas primeiras horas da mañá, ou no atardecer. O motivo non é só que a luz solar o poida queimar se non que o ter o solo con menor temperatura axuda a manter a humidade e ademáis evitar a súa evaporación.

  • Tempo de rego do céspede en verán.

Evita regar directamente coa mangueira, porque o resultado así será encharcar o solo. Existen diferentes alternativas de rego, manual ou automático, pero se optas polo mnaula podes acoplar disfusores á mangueira mellorando así os resultados. O tempo de rego varia segundo o método que utilicemos:

Rego con difusores; A duración será duns 6-7 minutos de rego, a cantidade de auga que proporcionan é suficiente.

Rego con aspersores; Os aspersores ao contrario dos difusores proporcionan menor cantidade de auga aínda que a distribúen de maneira máis equitativa. O tempo de rego con este método sería entre uns 30-40 minutos.

  • ¿Cada canto debo regar o céspede en verán?

A frecuencia do rego en verán debe ser con maior constancia que o rego invernal. Debemos regar moitas veces, resultando como mínimo unha vez ao día.

Como comentamos ao principio deste artigo, á mellor maneira de saber si o teu rego está sendo correcto é vendo como está o céspede en este caso. Se o céspede comeza a porse amarelo sabemos que precisa máis auga; podendo ter que aumentar o número de regos ou a cantidade de auga en cada un deles.

Recorda que durante o verán é mellor regar ben o céspede e con moita frecuencia, que facelo poucas veces e de forma lixeira.

Entre os factores que afectan ao rego está o tipo de solo, que afectará á frecuencia coa que debemos regar:

Solo areoso; En este caso debes regar con maior frecuencia e menor cantidade de auga, posto que profundiza rápidamente.

Solo arcilloso; En este caso pola contra, o rego debe ser menos veces, pero de maneira máis abundante, para que o solo absorba correctamente e a auga chegue ás raíces.

  • Non regues en demasía!

En función do método de rego que utilices, do teu céspede e do tipo de solo, a cantidade de auga suministrada ao regar pode ser diferente pero non esquezas que o importante é que a auga chegue as raíces do céspede, pero sin encharcar o solo.

Regar o céspede máis do necesario provoca o encharcamento do solo, que trae consigo enfermedades e fungos podendo acabar marchitando e pudrindo o céspede.

Unha clave para saber se a cantidade de auga no rego está sendo xusta ou excesiva é a rapidez do crecemento do céspede; se regas demasiado as follas crecen máis rápido.

Recorda que o importante é que a auga chegue ás raíces do céspede. Debes regar en profundidade pero sen encharcar o solo.

O rego das plantas en verán

O rego constitúe unha das actividades máis importantes do xardín. No caso das plantas, a auga permite que estas absorban os nutrientes precisos para o seu correcto desenvolvemento. A continuación mencionamos uns tips que debemos recordar para que o rego das túas plantas sexa o correcto e poidan lucir todo o verán:

  • Regar con máis frecuencia; coas altas temperaturas do verán, as plantas precisan regos máis frecuentes posto que o solo e o sustrato se secan máis rápido.
  • Pola mañá temprano ou polo atardecer, son o mellor momento para regar, ao igual que no caso do céspede. Redúcese así a pérdida por evaporación e as plantas chegan mellor hidratadas ás horas de máis calor.
  • Os regos deben ser abundantes e espaciados, para que as raíces non crezcan superficialmente. Como excepción están as pequenas plantas, que teñen as raíces máis próximas á superficie; estas deben regarse máis seguido. Evitar ao igual que no céspede o encharcamento xa que só provocará a morte da planta.
  • Non mollar as follas ao regar, xa que esto favorece a aparición de enfermedades e fungos.

Ao igual que para o céspede existen varios métodos para realizar o rego das nosas plantas, que pode ser manuais ou automáticos. A súa eleccción dependerá das necesidades de cada un e do tempo dispoñible para realizar esta tarefa.

Na nosa páxina web podes consultar todos os accesorios e sistema de rego dispoñibles: www.rinxela.com