No mes de Abril damos por entrada a primaveira e temos por diante moitas tarefas de xardinería para facer, aínda que este sexa un mes moi inestable en canto ao clima. ¿Queres descubrir cales son? ¡Ala imos!

As principais tarefas a realizar no mes de abril en canto a xardinería son co fin de coidar e xestionar o noso xardín, as nosas prantas de interior, o céspede e a horta. Vamos a ir contándoche por partes xa que cada zona require dunhas técnicas e coidados diferentes.

Tarefas para o xardín no mes de abril

  • Prantas altas de exterior, utilizar tutores, para evitar que partan no caso de fortes choivas . Xa que é un mes con previsión de choivas abundantes, sobre todo en Galicia.
  • Colocar acolchados e proteccións aos arbustos e prantas máis débiles para protexer das xeadas tardías.
  • Manter o xardín limpo de malas herbas.
  • Prantar os bulbos de primaveira (gladiolos, azucenas, dalias, etc) e retirar os bulbos de outono (tulipáns, narcisos, xacintos, etc).
  • Ao igual que coas prantas de interior iremos aumentando os regos periódicos e o abono. Revisar toda a equipación de aspersores, programadores, goteiros, etc, para comprobar que todo funciona de maneira correcta.
  • Vixiar as prantas das pragas que na primaveira collen forza como os pulgóns, as orugas, as babosas e os caracois.
  • Podemos sementar prantas de tempada como as petunias, as margaritas, lobelias, as zinias, as begonias, así como as prantas vivaces de primaveira, árbores e arbustos.

Tarefas para as prantas de interior no mes de abril

  • Aplicar unha mini poda, pinzando as puntas das follas, xa que é posible que algunhas partes das nosas prantas estean secas polo calor da calefacción.
  • Estar atentos ao aumento das temperaturas, xa que poden traer consigo enfermedades e pragas que danen as nosas prantas. Neste caso actuar de inmediato con produtos específicos.
  • Igual que no caso das prantas de exterior, debemos ir aumentando os regos e abonaremos con fertilizantes equilibrados, sempre sobre sustratos húmidos.
  • Realizaremos trasplantes en aquelas prantas que sexa necesario e requiran dun espazo maior, antes de que comece a floración.
  • Podemos podar algunhas prantas, como son os ficus ou as dracenas.

 

Tarefas para o céspede no mes de abril

  • Si o tempo mellora, aproveita un día seco para realizar a primeira sega, coa coitela alta e deixando os restos como acolchado, así protexeremos as raíces xa que o tempo en este mes de abril é bastante inestable, e ademáis servirá como un primeiro abono.
  • Eliminar todas as malas herbas do xardín, sempre de raíz. Tamén podes utilizar herbicidas.
  • Antes de realizar tarefas de abonado, debemos escarificar o céspede, para que a auga e o aire chegue ben as súas raíces.
  • Abonar con fertilizantes líquidos ou granulados, segundo as necesidades.
  • Mes idóneo para replantar, reparando aquelas zonas danadas, para así manter unha uniformidade.
  • Verificar que os sistemas de rego, aspersores, mangueiras, etc, estean en perfecto estado, para ter todo a punto.

 

Tarefas na horta no mes de abril

Abril é un mes de moita actividade na nosa horta, marca o comezo para prantar a maioría dos cultivos de verán, aínda que é moi importante non descoidarse, o tempo todavía é moi inestable e pode xogarnos unha mala pasada.

Como se soe decir en Galicia “Abril augas mil” así que moito ollo!

  • Bo momento para realizar o acolchado ou mulching, sobre as zonas que non estean sembradas todavía e sobre as cales votamos compost durante o inverno. A palla é unha boa opción aínda que existen unha morea de materiais a escoller.
  • Escardar e binar as prantas sementadas no mes anterior, para evitar costras e apelmazamentos ocasionados polas choivas ou exposicións solares, típicas tamén deste mes. Osixenaremos o solo pero si todavía non estás libre de que caia algunha xeada, entonces espera un pouco máis.
  • Días máis longos e soleados traen consigo unha subida das temperaturas, o que favorece a aparición de pragas como os pulgóns, por iso debemos comezar a tomar medidas preventivas.
  • En este mes podemos facer recolecta dos últimos cultivos de inverno, especialmente os porros, que en este mes tenderán a espigar.
  • Desde a mediados de abril, que xa as temperaturas se asentan algo máis, podemos prantar en exterior calabacín, pepino, calabaza, zanahoria, xudía, leituga, acelga, tendo en conta que si o tempo acompaña podamos colleitar a finais de xuño.
  • En este mes tamén podemos comezar a prantar as patacas de tarde (preferiblemente en lúa menguante).
  • Non descoidar o rego, no caso das novas prantacións, deberá realizarse a pimeira hora da mañá.

 

Despois de isto so nos queda poñerlle moitas ganas e ¡A TRABALLAR!

E ti, ¿qué tarefas soes realizar no mes de abril? ¿Algunha diferente das citadas neste artigo?