¿Que é un robot cortacéspede?

O robot cortacéspede é un aliado para ter ben coidado o noso xardín sen apenas esforzo. É unha máquina que funciona cunha batería eléctrica que nos permite automatizar o cortado do noso céspede. Consta dunha base, que require dunha conexión eléctrica, onde realiza os descansos entre cortes e onde recarga de forma autónoma a súa batería.

Para ter un céspede bonito e san, un dos aspectos máis importantes é o cortado do mesmo. Coa subida das temperaturas na primaveira, a herba comeza a crecer sendo preciso cortala de forma periódica. A frecuencia de corte vese incrementada coa chegada do verán, pasando a ser preciso realizar un corte de forma semanal.

Cortar o céspede é unha labor tediosa que require de presencia e bastante tempo da persoa responsable en levala a cabo. Este é un dos motivos polos que cada vez máis xente se anima a instalar un robot cortacéspede  no seu xardín. Podendo lucir sempre un bonito céspede, incluso cando esteamos fora por vacacións ou traballo.

 

Características e vantaxes dun robot cortacéspede

  • Autónomos: Estos robots cortan o céspede de maneira autónoma, evitando os obstáculos do terreo, e voltan á base de carga eles sós cando precisan cargar a batería novamente.
  • Pequeno tamaño: Presentan un tamaño reducido, non ocupando practicamente espazo. Ademáis eles sempre estarán donde este situada a base de carga á que voltan cando rematen a súa tarefa.
  • Silenciosos: Moi silenciosos en comparación co cortacéspede tradicional.
  • Alta autonomía: A durabilidade da batería destos equipos é moi alta. Cando o robot detecta que se está quedando sen batería volta el só á base de carga.
  • Presentan un baixo consumo. 
  • Programables:  Permite configurar qué días e a qué horas queremos que se corte o céspede, podendo programar o calendario e as estacións.
  • Seguros: Se o robot cortacéspede detecta que se levanta do solo automáticamente e de forma instantánea parase deixando de funcionar para que non haxa risco de corte coas coitelas.
  • Constancia de corte: Podes utilizar o teu robot cortacéspede tódolos días, día tras día; a frecuencia de corte axudará a manter o céspede sempre perfecto, mantendo a mesma altura de corte. (Esta altura pódese axustar según como se queira en cada momento.)
  • Sistema mulching: Estos equipos contan cun sistema de triturado da herba completo, non deixando rastro da mesma. A herba é triturada tan finamente que esta queda esparcida sendo utilizada como abono.
  • Non contaminantes: Estos robots ao ser equipos dotados de baterías non xeran ningunha emisión de gases, evitando así calquera tipo de contaminación ao medio ambiente.
  • Ante condicións adversas: Os robots cortacéspede están preparados para traballar con sol ou choiva, pero debemos ter en conta que a herba debe ser cortada cando esté seca para evitar a aparición de fungos. O modelo, Smartbot de Anova, conta cun sensor de detección de choiva provocando así que este volva a base de carga en esta situación (función que pode ser desactivada).

 

Instalación dun robot cortacéspede

A instalación dun robot cortacéspede resulta bastante doada e sinxela. Nos modelos económicos levan un manual de instruccións para que o poida facer o mesmo usuario e no caso dos modelos de gama máis alta, como é o caso do Smartbot de Anova, acude un profesional a realizar a instalación.

En rasgos xerais a instalación consiste en:

  1. Colocación da base de carga: Debe ser colocada nunha zona nivelada e deixando un espazo libre recomendado, a ambos lados da mesma.
  2. Colocar o cable perimetral: Para marcar os límites ata onde queremos que corte o noso robot. Este cable serve para que o robot realice un mapeo do noso xardín e así o memorice.
  3. Programación inicial: O robot consta dun panel de control moi intuitivo. A primeira vez deberemos programar os días de corte, horas e duración de cada programa.

Aspectos a ter en conta á hora de escoller un robot cortacéspede

Os aspectos máis importantes que debes ter en conta á hora de escoller un robot cortacéspede para o teu xardín son os seguintes:

  • Características do terreo: Si este é plano ou con irregularidades. No caso de ser irregular, o grao de inclinación da zona, xa que cada modelo especifica sobre que inclinación pode traballar.
  • Superficie de corte: O tamaño da superficie sobre a que vai a traballar. Estos son ideales para grandes superficies.
  • Ancho de corte do robot cortacéspede: Existen diferentes anchos de coitelas. Canto maior é o ancho da coitela, maior será a capacidade de corte nunha soa pasada.
  • Potencia: Canta máis potencia teña o motor, maior superficie poderá cortar o robot sen necesidade de parar.

 

Mantemento e consellos de uso dun robot cortacéspede

  • Cambiar as coitelas de forma periódica.
  • Limpeza do robot, de forma semanal ou cada dúas semanas, en función do uso. Recoméndase mellor a limpeza en seco.
  • Seguir indicacións do fabricante. Cada robot permite unha altura máxima recomendada para traballar correctamente. Pode ser preciso ter que pasar previamente un cotacéspede tradicional antes de por a funcionar o robot.

 

Esperemos estos consellos che axuden sobre o funcionamento dun robot cortacéspede e así poidas ¡disfrutar moito máis do teu xardín e do teu tempo!